Novas

ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN para a ESCOLA DE INVERNO 2008/09

Dende o día 25 de agosto quedou aberto o prazo de inscripción para o curso 2008/09 da escola de inverno do S. Madariaga tenis club. As inscripcións poderanse formalizar no local social do clube (campo de fútbol da Leyma número 3) dende o día 9 ata o 12 de setembro en horario de 18 a 20:30 horas, e o sábado día 13 en horario de 11 a 14h e de 17 a 20h. Ou tamén vía mail: escuela@tenismadariaga.com. ou vía telefónica nos seguintes números: 608.22.90.33. / 639.884.874

Descargar bases e formulario(Preme Aquí)

A FINAL DO ABERTO VIAXES MATOGRANDE DISPUTARASE O DOMINGO ÁS 11:30 HORAS

O aberto Cidade da Coruña-Viaxes Matogrande que se está a celebrar na pista Rafael Alberti entra xa na súa recta final. O sábado 28 terán lugar as semifinais, e o domingo 29 xogarase a gran final ás 11:30 horas, da que sairá o campión do torneo e o I clasificado do circuito, quen gañará unha viaxe a mallorca para dúas persoas cortesía de VIAXES MATOGRANDE.

VIAXES MATOGRANDE (Preme Aquí)

MEMORIAL JOSÉ RON NEIRA (Preme Aquí)

ÉXITO NO I DÍA DA RAQUETA EN ARTEIXO CON MIGUEL CASAL

O campión galego de tenis absoluto por nove veces consecutivas, Miguel Casal Arantes, compartiu unha tarde de tenis en Arteixo con medio centenar de rapaces no I DÍA DA RAQUETA. A actividade, promovida pola Concellaría de Deportes de Arteixo e organizada en colaboración co S. Madariaga Tenis Club, foi todo un éxito tanto en organización como en participación e ofreceu a posibilidade a tódolos rapaces de compartir cancha co mellor xogador galego dos últimos dez anos.

Ver cartaz (Preme Aquí)

O SALVADOR DE MADARIAGA T. C. ACADA O ASCENSO Á SEGUNDA CATEGORÍA DO TENIS GALEGO

O equipo absoluto masculino do Salvador de Madariaga T. C. ven de acadar o ansiado ascenso á Segunda Categoría. Logo de ter conseguido o primeiro posto nun complicadísimo grupo no que se atopaban tamén o Clube de Campo de Vigo (finalmente o outro equipo que ascende directamente de categoría), o Clube de Tenis Coruña "B" e o Mercantil de Pontevedra, os nosos xogadores superaron as dúas roldas da fase de ascenso. Na primeira delas, o Aeroclube de Santiago "B" caeu derrotado por un contundente 5 a 0 nas nosas pistas. Na segunda, xogada a domicilio o sábado día 17 de maio en Cangas, o Salvador de Madariaga T. C venceu a un dignísimo rival, o Cluteca, por un global de 3 a 4. Os xogadores que participaron deste feito histórico foron os seguintes: Alfonso Cuevas Gómez, Ángel Campo López, Germán García Díaz, J. Daniel López Fernández, Reinaldo Ramil Ramil, Jorge Candedo Justo, Fernando Durán Illanes e Brais Pérez Barros, que fixo as veces de Capitán. Noraboa a todos eles, e moita sorte para o desafío do vindeiro ano: ¡manterse na segunda categoría do tenis galego!

O sábado 26 disputaranse as finais do C. METROPOLITANO - CIMÁNS SPORT CENTER"

O circuito patrocinado por CIMÁNS SPORT CENTER celebrará as súas finais o vindeiro sábado a partir das 19h. Miguel Casal, en categoría absoluta, presúmese como máximo favorito. O concluir as seis finais programadas faranse entrega dos 2.000€ en material deportivo e os 500€ en metálico.

Descargar cadros(Preme Aquí)

CLAUSURADO O "II CIRCUITO URBANO CIDADE DE A CORUÑA"

A ORGANIZACIÓN QUERE DAR AS GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES, E A TODAS AQUELAS PERSOAS QUE COLABORARON NO DESENVOLVIMENTO DESTE CIRCUITO AGARDAMOS QUE O ANO QUE VEN POIDAMOS ACADAR MÁIS APOIOS E SEGUIR CRECENDO NA NOSA LABOURA (E VONTADE) DE ACHEGAR O TENIS AO MAIOR NÚMERO DE XENTE POSÍBEL. SAÚDOS CORDIAIS.

Descargar imaxe (Preme Aquí)